sábado, 28 de mayo de 2011

domingo, 22 de mayo de 2011

Grimsvötn desperta




Pode que ninguén se lembre , pero só uns meses despois da erupción do Eijafjöll - en marzo de 2010- e cando este último volcán xa estaba tranquilo, os vulcanólogos islandeses informaron de signos dun próximo despertar do seu veciño Grimsvötn, aclarando, iso sí, que non se esperaba que sucedera inmediatamente e que polo tanto o tráfico aéreo non sufriría outro colapso nas vacacións de Nadal. Pois ben, Grimsvötn non quixo deixar mal aos científicos e onte á tarde entrou en erupción. Ás 9 da noite xa se podía apreciar sobre o glaciar unha columna eruptiva de cinsas e gas duns 20 km de altura. Polo de agora, os expertos descartan que a nube afecte ao tráfico aéreo, pero non podemos evitar acordarnos do que aconteceu o ano pasado .
Grimsvötn é o máis inquedo dos volcáns islandeses. Situado baixo o Vatnajökull (que é o maior casquete de xeo da illa) este volcán levaba inactivo dende o ano 2004 .
As erupcións subglaciais provocan a fusión dun gran volume de xeo , dando lugar a enormes riadas que en Islandia coñecen como jökulhaup. Xa veremos se desta hai jökulhaup ou non, pero a cousa promete... estaremos atentos!
Información sobre os volcáns de Islandia
Historial eruptivo de Grimsvötn

miércoles, 18 de mayo de 2011

Un calendario xeolóxico interactivo

Na web de National Geographic atopei esta escala dos tempos xeolóxicos interactiva:

martes, 10 de mayo de 2011

Panxea dende o espazo

Onte atopei por pura casualidade esto:

Non vos comento nada máis....ide ás ligazóns e mirade os vídeos. Aquí tedes un de mostra:



jueves, 5 de mayo de 2011

Causas da catástrofe do Pérmico


A maior extinción en masa da historia da vida , que supuxo a desaparición do 95% das especies existentes, aconteceu ao final do período Pérmico . Hai moita especulación sobre as posibles causas desta crise, que afectou por igual á vida mariña e a continental. Ultimamente está a abrirse camiño un grupo de hipóteses que propoñen que a orixe desta megaextinción hai que buscala máis no funcionamento interno da propia Terra que na inesperada visita dalgún corpo extraterrestre ( como aconteceu a finais do Cretácico).
Que foi o que pasou hai 250 millóns de anos?
Seguro que o primeiro que acude á vosa cabeza é a unión de todas as masas continentais para formar o famoso supercontinente Panxea. Tería este acontecemento algo que ver coa extinción? Podería ser, pero debemos ter en conta que nesta época pasaron máis cousas.
Por exemplo,existen indicios dun aumento global das temperaturas que faría palidecer ao que estamos a vivir na actualidade. Tamén hai evidencias dun drástico descenso da concentración de osíxeno no aire. E finalmente, existen tamén probas de que houbo un evento xeolóxico de gran magnitude: a colosal erupción causada pola acción dun penacho térmico do manto terrestre que orixinou no que hoxe é Siberia unha enorme meseta basáltica ou provincia ígnea coñecida como "Siberian traps". En realidade estes catro eventos poden estar relacionados entre eles e , efectivamente, ben puideron ser os causantes da extinción do Pérmico. Cal pode ser a relación entre a formación dun supercontinente, a xénese dun supervolcán, o clima e a concentración de osíxeno na atmosfera? Buscade máis detalles e publicade a vosa resposta neste blog...

viernes, 29 de abril de 2011

O fósil máis antigo dunha planta anxiosperma


Preséntovos a Leefructus mirus, unha planta anxiosperma que viviu hai 125 millóns de anos, no Cretácico inferior. O interesante deste fósil é que pertence a unha planta anxiosperma, é dicir , con flores e froitos que encerran no seu interior as sementes. O seu achado obriga aos paleobotánicos a retrasar no tempo a data de aparición das primeiras plantas anxiospermas ata o final do período Xurásico.

lunes, 25 de abril de 2011

O fósil de réptil máis antigo


Con este post inauguro unha serie sobre "récords" paleontolóxicos. Neste caso, tal como di o título, tócalle ao lagartiño que vedes na imaxe, bautizado pola ciencia como Hylonomus lyelli (o noso amigo Charles Lyell estaría encantado con esta homenaxe) e que habitou o continente Panxea hai 312 millóns de anos (período carbonífero). A importancia deste fósil é evidente xa que os réptiles son os primeiros vertebrados verdadeiramente terrestres, é dicir con pel seca e impermeable, respiración exclusivamente pulmonar e con ovos amniotas que lles permitiron independizarse das masas de auga para ter descendencia. A posterior diversificación do primitivo tronco reptiliano deu lugar a todos os demáis vertebrados terrestres incluidos dinosauros,mamíferos e aves.